Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Procesual Penal
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A7 A8 B11 C4 O profesorado poderá ter en conta a asistencia activa do alumnado na aula a efectos de mellorar a súa calificación. 5
Estudo de casos A1 A2 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B2 B3 B5 C2 C3 C4 C7 Os diferentes casos prácticos propostos serán entregados por escrito e avaliados polo profesorado, supoñendo ata o 30% da calificación final do alumnado. 30
Proba obxectiva A1 A2 A4 A5 A7 A8 A9 A10 B7 B8 B2 C2 O curso concluirá cunha proba obxectiva, que poderá constar de dúas partes, unha teórico-práctica e a resolución dun caso práctico. Esta proba poderá supor ata o 60% da calificación final. 65
 
Observacións avaliación

Para a superación da materia será requisito imprescindible aprobar a proba
mixta (nota igual ou superior a 5.0). A nota resultante servirá para facer a
media ponderada co resto das cualificacións. En caso de non aprobarse a proba mixta, a nota final
será a que se obteña nesta.

Na segunda oportunidade manterase a nota da parte práctica da primeira
oportunidade.

O alumnado con dispensa académica deberá presentar as prácticas puntual e
regularmente por escrito, logo de xustificar a situación de dispensa.

O exame será tipo test e conterá entre 20 e 40 preguntas, con catro opcións. As respostas erróneas restarán.

En caso de plaxio ou de realización de traballos utilizando ferramentas de
intelixencia artificial na parte práctica, suspenderase a asignatura na
convocatoria ordinaria, cunha cualificación de suspenso (nota numérica 0).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes