Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Subjects
  Tax Law
   Contents
Topic Sub-topic
SISTEMA TRIBUTARIO ESTATAL COMUN

A) IMPOSTOS DIRECTOS.

a) Impostos persoais sobre a renda.

LECCION 1

O imposto sobre a renda das persoas físicas.- Antecedentes. Natureza e ámbito de aplicación.- O feito impoñible.- O suxeito pasivo. Consideracións básicas sobre a tributación dos suxeitos non residentes. A unidade familiar.

LECCION 2

O imposto sobre a renda das persoas físicas (continuación).- A base impoñible.- Rendementos do traballo.- Rendementos do capital mobiliario e inmobiliario. Especial consideración dos activos financeiros.- Rendementos de actividades económicas.- Ganancias e perdas patrimoniais. %ou2013O mínimo persoal e familiar.- Gastos deducibles.- Compensación de perdas.- Réximes de determinación da base impoñible. A estimación directa simplificada. A estimación obxectiva singular. Base impoñible xeneral e do aforro.

LECCION 3

O imposto sobre a renda das persoas físicas (conclusión).- Período impositivo e deveño.- As rendas irregulares.- Aplicación das tarifas estatal e autonómica.- Deducións da cota.- A xestión do imposto. Declaración. Retención a conta e fraccionamiento do pago. A devolución de ingresos.- Referencia aos réximes especiais de imputación de rendas no imposto sobre a renda das persoas físicas: a imputación de rendas inmobiliarias, a atribución de rendas, a transparencia fiscal internacional, a imputación de rendas pola cesión de dereitos de imaxe, e a imputación de rendas procedentes de institucións de investimento colectivo.

LECCION 4

O imposto sobre sociedades.- Antecedentes.- Natureza e ámbito de aplicación.- Feito impoñible.- Suxeitos pasivos. Residencia. Domicilio. Referencia á imposición sobre a renda das entidades non residentes.

LECCION 5

O imposto sobre as sociedades (continuación).- Base impoñible. Ingresos computables e gastos deducibles. Incrementos e diminucións de patrimonio. A determinación da base impoñible.- A compensación de perdas.

LECCION 6

O imposto sobre as sociedades (conclusión).- Período impositivo e deveño.- O tipo de gravame e a cota.- Deducións e bonificacións da cota.- A xestión do imposto. Retencións na fonte e pagos anticipados.-Algunhas consideracións sobre os réximes especiais do imposto sobre sociedades. Especial atención ao réxime aplicable ás Cooperativas, as Fundacións, as Institucións de Investimento Colectivo, as Entidades parcialmente exentas, os grupos de Sociedades, as fusións, escisións, achegas e trocos de activos, e a transparencia fiscal internacional.

b) Impostos sobre Sucesións e Doazóns e sobre o Patrimonio

LECCION 7

Imposto sobre a Renda de Non Residentes: Feito impoñible, suxeitos pasivos, modalidades de sujeción, base impoñible con/sen establecemento permanente, tipos de gravame, deducións e réximes especiais.

LECCION 8

Imposto sobre sucesións e doazóns.- Introdución. Caracteres do imposto.- Modalidades.- Aplicación territorial.- Feito impoñible.- Suxeitos pasivos. Referencia á tributación do non residentes.- Base impoñible. Determinación. Valoración.- Base liquidable.- Débeda tributaria.- Xestión.

B) IMPOSTOS INDIRECTOS.

a) Impostos sobre o tráfico patrimonial e a súa documentación.

LECCION 9

O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.- Antecedentes.- Transmisións patrimoniais onerosas.- Operacións societarias.- Actos xurídicos documentados.- Disposicións comúns.

b) Impostos sobre as vendas e consumos xenéricos.

LECCION 10

O imposto sobre o valor engadido.- Concepto. Modalidades. O imposto sobre o valor engadido no sistema de imposición indirecta.- O feito impoñible. Operacións interiores. Adquisicións intracomunitarias. Importacións. Operacións non suxeitas. Exencións.- Deveño.- Suxeitos pasivos e responsables.- A repercusión do imposto.

LECCION 11

O imposto sobre o valor engadido (conclusión).- Base impoñible.- Tipos de gravame e débeda tributaria.- Deducións.- Devolucións.- Réximes especiais.- Xestión.- Infraccións e sancións.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes