Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Tributario
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A11 A15 B6 B7 B8 B10 B2 B3 B4 C4 C6 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

A puntuación correspondente aos apartados "Análise de fontes documentais" e "Estudo de casos", computará conxuntamente con un máximo, para os dous apartados, do 10% da puntuación global da asignatura.
Esta puntuación únicamente podrá obterse mediante a participación activa nas sesións prácticas e a entrega escrita dos supostos requeridos deste feito polo profesor.
5
Análise de fontes documentais A1 A4 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 5
Proba oral A1 A3 A10 B3 B4 C1 C2 C6 Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Os profesores resérvanse a posibilidade de plantexar, como alternativa á proba oral, unha proba escrita na que se combinarán preguntas curtas, preguntas de resposta múltiple, e resolución de casos prácticos.
No caso de que como consecuencia da pandemia do Covid-19, tiveran que suspenderse de novo as clases presenciais, a proba poderá consistir nun examen oral ou tipo test, dependendo das circunstancias, realizado polos medios telemáticos oportunos.
A proba oral ou, según o señalado, a que teña lugar finalmente, terá un peso dun 90% na calificación da asignatura
90
 
Observacións avaliación

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes