Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito Tributario
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A11 A15 B6 B7 B8 B10 B2 B3 B4 C4 C6 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
A puntuación correspondente aos apartados "Análise de fontes documentais" e "Estudo de casos", computará conxuntamente con un máximo, para os dous apartados, do 20% da puntuación global da asignatura.
Esta puntuación únicamente poderá obterse mediante a participación activa nas sesións prácticas e a entrega escrita dos supostos requeridos deste feito polo profesor.
A puntuación obtida nestos apartados en primeira oportunidade, gardarase tamén para a segunda oportunidade.
10
Análise de fontes documentais A1 A4 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 10
Proba obxectiva A1 A3 A10 B3 B4 C1 C2 C6 Proba na que se busca responder a preguntas curtas, de resposta múltiple e supostos prácticos, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir habilidades como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

A proba obxectiva terá un peso dun 80% na calificación da asignatura
80
 
Observacións avaliación

Respecto ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica de asistencia a clase, manterase a mesma podenderación enriba descrita respecto aos instrumentos de avaliación. Desa maneira:

-A entrega dos traballos correspontes aos apartados "Análise de fontes documentais" e "Estudo de casos", que se fará a través dos medios acordados cos profesores ao inicio do curso, terán un peso do 20% na cualifación final da asignatura. 

En segunda oportunidade gardaránse as cualificacións obtidas en primeira oportunidade neste apartado.

-Respecto ao sinalado no apartado de "Proba obxectiva", manterase tamén a porcentaxe do 80% na cualificación final da asignatura, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

A realizacion fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificacion de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes