Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Subjects
  Private International Law
   Personalized attention
Methodologies
Multiple-choice questions
Supervised projects
Description
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial así como os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia realizarán unha proba de resposta múltiple propia e específica atendidas as súas circunstancias así recoñecidas. A realización práctica da proba de resposta múltiple adaptarase ás especiais circunstancias que ocasionalmente poidan concorrer nos alumnos con discapacidade.

O docente orientará a cada un dos alumnos durante a realización dos traballos de investigación xa se trate de elaboracións individuais ou en grupo. As pautas a seguir e as orientacións a fornecer haberán de ser necesariamente xenéricas a fin de non coartar, nin aínda influenciar, a capacidade creativa do propio alumno, o seu esforzo innovador, así como o seu sinal no enfoque e contido do traballo de investigación en cuestión.

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial así como os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia e igualmente os alumnos con algún tipo de discapacidade serán obxecto dun seguimento individual e especial por parte do docente en atención ás súas particularidades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes