Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito e biomedicina
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise de supostos paradigmáticos que presentan as relacións entre o Dereito e a biomedicina, e que en ocasións prantexan problemas e/ou solucións diferentes ás tradicionais.
O estudante debe aprender a identificar e analizar as cuestións xurídicas implicadas, deliberar sobre elas e chegar a unha conclusión empregando argumentos xurídicos.
O estudo de casos permite desenvolver as habilidades argumentativas e aplicar os coñecementos a situacións concretas.
Se prestará especial atención aos casos analizados nas sentenzas biomédicas/ bioéticas/ bioxurídicas do Tribunal Constitucional español e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, completándoo con resolucións do Tribunal Supremo español e doutros órganos xurisdicionais internacionais
Proba de resposta múltiple É o método empregado para avaliar a aprendizaxe dos coñecementos teóricos doutrinais (fontes bibliográficas) e normativos (fontes lexislativas e xurisprudenciais)
Sesión maxistral Mediante a exposición oral o profesor procura transmitir a singularidade da linguaxe, os conceptos e o significado das normas xurídicas biomédicas, outorgando preferencia a un enfoque baseado nos dereitos humanos/fundamentais.
Así mesmo, comenta os aspectos máis sobranceiros do temario e das fontes documentais manexadas.
Obradoiro Este método, baixo a tutela do profesor, permite o estudo de temas monográficos con maior profundidade e detalle, combinando varias metodoloxías (análise de fontes documentais, especialmente lexislativas e xurisprudenciais; estudo de casos,...).
O estudante participa dun xeito máis activo, poñendo en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades argumentativas, orais e escritas.
Análise de fontes documentais Parte importante da resposta xurídica á biomedicina está contida na lexislación (internacional, comunitaria europea, estatal e autonómica) e xurisprudencia (en especial do Tribunal Constitucional español e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos).
A leitura, comprensión e avaliación crítica destes textos normativos é unha vía importante para o desenvolvemento da materia e para a comprensión histórica e sistemática das relacións entre biomedicina e Dereito.
O carácter básico da análise das fontes documentais, bibliográficas e normativas, se manifesta na súa presenza e influencia no desenvolvemento das restantes metodoloxías.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes