Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito e biomedicina
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B10 B3 B5 C1 C6 C8 Avaliación da capacidade de selección, interpretación, exposición e análise, escrita e oral, das fontes documentais (bibliográficas e, especialmente, normativas -lexislativas e xurisprudenciais-)
30
Proba de resposta múltiple A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 B7 B8 B3 C1 Examen tipo test. Avaliación dos coñecementos impartidos nas sesións maxistrais e os extraídos da análise das fontes documentais.
40
Obradoiro A3 A4 A5 A8 A9 A10 A15 B7 B8 B10 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C6 C7 C8 Avaliación da capacidade de selección, interpretación, exposición e análise dos temas da materia e das fontes bibliográficas e normativas (lexislativas e xurisprudenciais).
Avalición das habilidades argumentativas, especialmente orais, e da participación nas deliberacións nas sesións presenciais.
30
 
Observacións avaliación

1. Avaliación da segunda oportunidade

O/a estudiante poderá conservar a cualificación obtida nos obradoiros, a análise de fontes documentais e a proba de resposta múltiple se é igual o superior ao aprobado en cada unha desas partes. No caso de suspenso dos obradoiros, poderá acollerse á modalidade prevista para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia ás aulas.

2. Plaxio ou fraude académica

O comportamento fraudulento nas probas de avaliación, e singularmente o plaxio (nos obradoiros e na análise de fontes documentais), terá como consecuencia a cualificación de "0 (Suspenso)" na oportunidade correspondente.

3. Criterios de avaliación do estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia ás aulas.

A proba de resposta múltiple (40%) realizarase nas mesmas condicións que as do resto do estudantado.

A avaliación dos obradoiros e da análise de fontes documentais consistirá na entrega de comentarios escritos das fontes normativas ou bibliográficas e un breve comentario oral perante o profesor antes da data fixada para o exame (proba de resposta múltiple).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes