Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Técnica xurisprudencial romana
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Probas parciais liberatorias escritas dalgúns dos casos do programa da materia, con preguntas concretas a través das que o profesor poida comprobar a correcta asimilación por parte dos alumnos dos contidos da materia. Nos mesmos termos descritos, exame final da parte restante pendente.
Presentación oral Intervencións en clase expondo individualmente ou por grupos o desenvolvemento e realización dos casos suxeridos, someténdose posteriormente ás posibles preguntas dos demais compañeiros e do profesor sobre os casos expostos.
Sesión maxistral Exposición impartida polo profesor sobre nocións relativas á metodoloxía jurisprudencial romana, coa posibilidade de intervención e participación activa dos alumnos, formulando preguntas en atención aos casos expostos, cuxa lectura se suxeriu previamente
Estudo de casos Estudo de supostos do Dixesto, determinando os feitos xuridicamente relevantas , as accions procesais e outros recursos empregables, aislando a ratio decidendi e propoñendo a solución da controversia
Lecturas Realización de lecturas relativas aos materiais que constitúen un caso, preito ou asunto, recompilando posible información sobre resolucións xurisdicionais e ditames xurídicos relativos aos mesmos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes