Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Técnica xurisprudencial romana
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A3 A4 A6 A8 A9 Probas parciais liberatorias escritas dalgúns dos casos do programa da materia, con preguntas concretas a través das que o profesor poida comprobar a correcta asimilación por parte dos alumnos dos contidos da materia. Nos mesmos termos descritos, exame final da parte restante pendente. 60
Lecturas A1 A7 B2 B3 B4 B5 C2 C3 Realización de lecturas relativas aos materiais que constitúen un caso, preito ou asunto, recompilando posible información sobre resolucións xurisdicionais e ditames xurídicos relativos aos mesmos. 10
Presentación oral A10 A11 A12 A13 B6 B7 B8 B9 B10 B11 Intervencións en clase expondo individualmente ou por grupos o desenvolvemento e realización dos casos suxeridos, someténdose posteriormente ás posibles preguntas dos demais compañeiros e do profesor sobre os casos expostos. 20
Sesión maxistral A15 B12 B13 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Exposición impartida polo profesor sobre nocións relativas á metodoloxía jurisprudencial romana, coa posibilidade de intervención e participación activa dos alumnos, formulando preguntas en atención aos casos expostos, cuxa lectura se suxeriu previamente 10
 
Observacións avaliación

Realización de probas parciais liberatorias a determinar segundo o desenvolvemento do curso, e exame final da materia.

Aspectos ou criterios da avaliación: valoración da capacidade para resolver problemas xurídicos mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos, tomándose en consideración a exposición realizada, os materiais utilizados e as solucións propostas aos distintos casos expostos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes