Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Dereito da propiedade inmobiliaria
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito da propiedade inmobiliaria Código 612G01046
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Raposo Arceo, Juan Jesus
Correo electrónico
juan.raposo.arceo@udc.es
Profesorado
Raposo Arceo, Juan Jesus
Correo electrónico
juan.raposo.arceo@udc.es
Web http://http://www.dereito.udc.es/
Descrición xeral BREVE DESCRICIÓN DOS CONTIDOS DA MATERIA: I.- O dereito de propiedade e os seus estatutos xurídicos II.- O estatuto xurídico da propiedade inmobiliaria urbana. III.- O estatuto xurídico da propiedade inmobiliaria rústica (propiedade do chan rústico, facultades do propietario e a súa cesión ou transmisión, unidades mínimas de cultivo, explotacións agrarias, etc.). IV.- O Rexistro da Propiedade: Actos e negocios inscribibles (en particular os actos urbanísticos), valor da publicidade rexistral. OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA: - Manexo adecuado das categorías xurídicas propias do “Dereito inmobiliario” e, en particular, dos estatutos xurídicos da propiedade urbana e rústica. - O alumno debe adquirir as competencias e as destrezas suficientes para abordar e resolver con éxito calquera cuestión conflitiva que teña como obxecto o dereito de propiedade sobre bens inmobles. - Coñecemento do significado, función e valor do Rexistro da Propiedade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, coas adaptacións necesarias (mencionadas no apartado de atención personalizada), no caso de que se precise pasar á docencia non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: para consultas puntuais e para solicitar titorías virtuais. - Moodle: para informar de novas, facilitar materiais, entregar tarefas, desenvolver debates a través de foros e realizar probas. - Teams: para as sesións maxistrais, en grande grupo, e para as sesións interactivas, en pequenos grupos, nas franxas horarias asignadas á materia, para o seguimento do traballo. Tamén se utilizará esta ferramenta para a realización das titorías individuais e grupais (previamente concertadas a través do correo electrónico). 4. Modificacións na avaliación Empregarase Teams como ferramenta para a exame. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes