Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Prácticas externas
   Contidos
Temas Subtemas
Esta materia complementa a formación global do estudante, ofrecendo a posibilidade de aplicar os contidos apresos ao longo do Grado en Dereito. Os estudantes poden aproximarse a distintos ámbitos do mundo profesional, o que aporta unha experiencia valiosa na orientación profesional do alumno e facilita o seu inserción no mercado laboral.
As prácticas curriculares realízanse mediante unha estancia de 100 horas nunha entidade colaboradora da UDC, a razón de cinco horas diarias durante catro semanas, que serán as últimas do cuatrimestre salvo casos excepcionais en que sexa necesaria a adaptación ao funcionamento da entidade colaboradora.
O lugar das prácticas e o traballo en concreto que desenvolverán os estudantes dependerá das entidades colaboradoras e das orientacións do titor profesional. Sempre que asinen o mencionado convenio coa facultade, as prácticas poderán realizarse, entre outros lugares, en xulgados e tribunais, fiscalía, despachos de avogados ou procuradores, notarías, rexistros da propiedade, concellos, Xunta de Galicia ou outras entidades públicas, ou en departamentos xurídicos de empresas privadas.
Os estudantes terán que realizar as tarefas que lles asignen na entidade colaboradora. O titor profesional designado pola entidade encargarase de supervisar o traballo do alumno e o titor académico nomeado pola facultade será o responsable da cualificación. Os estudantes deberán realizar unha memoria que entregarán ao seu titor académico ao concluír as prácticas.
Especificación en el correspondiente proyecto formativo
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes