Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Prácticas externas
   Contidos
Temas Subtemas
Esta materia complementa a formación global do estudantado, ofrecendo a posibilidade de aplicar os contidos apresos ao longo do Grao en Dereito. O estudantado pode aproximarse a distintos ámbitos do mundo profesional, o que aporta unha experiencia valiosa na súa orientación profesional e facilita o seu inserción no mercado laboral.
As prácticas curriculares realízanse mediante unha estancia de 100 horas nunha entidade colaboradora da UDC, a razón de cinco horas diarias durante catro semanas, que serán as últimas do cuatrimestre salvo casos excepcionais en que sexa necesaria a adaptación ao funcionamento da entidade colaboradora.
O lugar das prácticas e o traballo en concreto que desenvolverán os/as estudantes dependerá das entidades colaboradoras e das orientacións da tutorización profesional. Sempre que asinen o mencionado convenio coa facultade, as prácticas poderán realizarse, entre outros lugares, en xulgados e tribunais, fiscalía, despachos de avogados ou procuradores, notarías, rexistros da propiedade, concellos, Xunta de Galicia ou outras entidades públicas, ou en departamentos xurídicos de empresas privadas.
O estudantado terá que realizar as tarefas que lle asignen na entidade colaboradora. O titor/a profesional designado pola entidade encargarase de supervisar o traballo do alumno/a e o titor/a académico nomeado pola facultade será o responsable da cualificación. O estudantado deberá realizar unha memoria que entregarán ao seu titor/a académico ao concluír as prácticas.
Especificación no correspondente proxecto formativo
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes