Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2013)
 Asignaturas
  Métodos e recursos de investigación literario-cultural no ámbito anglófono
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B10 B11 B13 B14 B15 -Participación na clase, durante as sesións presenciais e a través doutros medios (e-mail, fórums de debate, plataforma virtual) 30
Traballos tutelados A9 A10 A11 As actividades poderán incluir:
-Resúmes críticos e/ou recensións lecturas obligatorias
-Escritura dun abstract coas suas correspondentes palabras chave
-Escritura dun artígo de investigación
50
Presentación oral B1 B2 B4 B6 B7 B9 -Preparación dunha presentación oral 20
 
Observacións avaliación

Dado o carácter semi-presencial do título, a
asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e
concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando
as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no
título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías
docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida
ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.

Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.

Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes