Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2013)
 Asignaturas
  Estudos ingleses e medios de comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A2 A5 A8 B8 B12 B13 A asistencia a clase é obrigatoria.

- Exame curto de opción múltiple, respostas curtas, verdadero/falso, etc para amosar o progreso de aprendizaxe do alumnado sobre as materias traballadas na clase. (25%)

- Entrega dun traballo ou proxecto escrito (25%)
50
Presentación oral A7 B2 B4 B9 B11 B15 Presentación oral en inglés. Terá un valor do 50% da nota total do traballo final. 25
Obradoiro A12 B2 B3 B6 B7 B10 B14 Esta parte da avaliación consistirá en preguntas do profesorado ao alumnado, tanto orales como escritas. Se terá en conta a participación activa na plataforma virtual e nas discusións nesta materia. 25
 
Observacións avaliación

Os progresos do alumnado serán avaliados no transcurso do seminario, tendo en conta a asistencia a e a participación activa nas sesións presenciais, ademais do traballo individual de cada alumno/a. Contemplaranse a participación, implicación e execución das
tarefas orais e escritas, realizadas dentro e fora da aula (por exemplo, exercicios, problemas, comentarios, tarefas escritas, presentacións orais e escritas, problemas de análise, e tests).



Dado o carácter semi-presencial do título, a
asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e
concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando
as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no
título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías
docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida
ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.



Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.



Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.



Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes