Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2013)
 Asignaturas
  Lingüística informática e de corpus aplicadas á lingua inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B6 B8 O estudantado terá que facer as lecturas obrigatoriase, nalgún caso, escribir unha recensión. 30
Estudo de casos B7 B9 B10 B12 B14 Realización dun traballo con datos para a súa análise cuantitativa e cualirtativa sobre un aspecto concreto da lingua inglesa. 55
Prácticas a través de TIC A14 B13 Actividades que o estudantado realizará en liña pola plataforma Moodle ou por outras vías electrónicas 15
 
Observacións avaliación

Primeira
oportunidade:


15% Participación activa nas sesións.


55% exercicios, tarefas e lecturas programadas.


30% presentación oral dun caso práctico. Terase que acompañar dun hand-out ou
unha presentación de power point.

Dado o carácter semi-presencial do título, a
asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e
concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando
as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no
título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías
docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida
ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.

Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.

Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes