Primeira
oportunidade:
15% Participación activa nas sesións.Asistencia obrigatoria.
55% Exercicios, tarefas e lecturas programadas.
30% Presentación oral dun caso práctico. Terase que acompañar dun hand-out ou
dunha presentación de power point.
Tanto os exercicios como a presentación entregaranse a través da Plataforma virtual ou doutros medios electrónicos.
Segunda
oportunidade:
O estudantado terá que repetir só as partes (exercicios e caso) nas que non acadasen un aprobado na primeira oportunidade. Na segunda oportunidade o estudo de caso será envaído como un ensaio escrito (entre 2000 e 3000 palabras, excluíndo referencias).
Estudantes con dispensa académica oficial:
Estes estudantes terán que entregar todos os exercicios do curso (60%) así como enviar un estudo de caso (entre 2,000-3,000 palabras, excluíndo referencias) (40%).
Todos os exercicios e probas serán feitas en inglés. É indispensable unha corrección lingüística xeral e o uso de convencións formais. Por isto,
penalizaranse erros gramaticais ou ortográficos.