Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2013)
 Asignaturas
  Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A9 A13 B9 Valorarase a participación activa e os resultados en todas as discusións, debates e actividades en clase e fóra de clase (recensións, análises literarias, lecturas, preparación de presentación oral, etc). A preparación previa do material é esencial. 20
Prácticas a través de TIC A10 A11 B6 B7 B11 Control das lecturas e dos visionados realizados. 20
Traballos tutelados A9 A10 A11 A13 B6 B7 B9 B10 B11 Cando se defina o tipo de traballo especificaranse tamén os aspectos a avaliar. Por exemplo, para un traballo académico de análise, terase en conta a profundidade da análise, a orixinalidade das ideas, a organización e presentación, así como a corrección do inglés empregado. 60
 
Observacións avaliación
  • Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o
    traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do
    resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP ("Non Presentado").
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 
1) o traballo tutelado (co mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) e que computará o 50% da nota; 
2) as actividades sustitutivas do traballo de clase que computarán o 50% restante da nota. Dependendo da parte que teña que "recuperar" cada estudiante, daranse indicacións sobre temas e tipos de actividades. Un/ha estudiante que deba entregar en xullo traballo equivalente a todo este apartado (é dicir, 50% da súa nota) deberá completar un traballo de recensión e unha análise literaria..
Deberanse entregar ambas compoñentes, á máis tardar, antes das 14 horas da data oficial do exame final da materia. 
  • Dado
    o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
    dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
    Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
    clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
    avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
    e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
    ausencia a determinadas sesións presenciais.

    Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa
    de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á
    convocatoria de xullo.  
  • Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
  • Recoméndase a utilización de papel reciclado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes