Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Inglés para fins específicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual B7 B8 B12 Debate e aportacións no eido virtual entre os alumnos e o profesor ao longo do curso, en lingua inglesa. Moodle Udc Foros. 10
Proba obxectiva A1 A5 A8 B12 Exame final. 50
Seminario A8 A14 A15 B1 B5 B10 B14 Traballos na aula, traballos avaliados e participación asistencia, ensaios potenciais, etc. 20
Presentación oral B9 B15 Traballo de investigación sobre algunha das tipoloxías do ESP para presentar oralmente na clase. Individual. (tentativo) 20
 
Observacións avaliación

A participación dos estudantes no curso será obxecto dunha avaliación continua. A asistencia regular será un requisito indispensable. Os alumnos con dispensa especial polos motivos que se sinalen deben comunicalo previamente ao profesorado. Ao longo do curso organizaranse diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados, tales como a análise de mostras de textos, as presentacións diante do resto da clase, no seu caso, ou a redacción de ensaios. Contémplase así mesmo a realización dun pequeno proxecto de investigación, tentativo, como tarefa adicional avaliable. Na avaliación destas actividades teranse en conta, entre outros, os seguintes factores: a capacidade de síntese da información obtida de distintas fontes; a claridade na exposición das ideas; a precisión no uso da terminoloxía e os conceptos específicos; a implicación nos seminarios e as actividades de grupo e cooperativas; o rigor e a orixinalidade na formulación das propostas de investigación; a exhaustividad e profundidade nas análises; e a utilización dun estilo académico adecuado. 

Os mesmos procedementos de avaliación aplicaranse no caso dos estudantes cunha oportunidade adicional ou aqueles que retomen o curso. No caso dos estudantes cunha oportunidade adicional, para o compoñente de avaliación continua, o estudante pode ser requirido para repetir unha selección das actividades realizadas ao longo do curso ou para completar algunhas tarefas adicionais. En canto aos estudantes cunha exención oficial da asistencia a clases, a avaliación continua basearase na súa eventual finalización dos traballos establecidos a través do compoñente virtual do curso. Estes estudantes tamén deben someterse á proba final escrita (se é aplicable) ou, alternativamente, completar unha tarefa equivalente (ou conxunto de tarefas) especificada polos profesores, no seu caso. 

Na proba de xullo, os alumnos entregarán en prazo as actividades adicionais solicitadas polo profesor, antes de se presentaren ou exame escrito ou proba obxectiva. 

Os alumnos que non se presenten á proba escrita en xuño ou en xullo acadarán a cualificación de NON PRESENTADO. 

Aléntase aos estudantes a usar papel reciclado e pór en práctica métodos sustentables.

Sobre os plaxios.

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes