Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 A9 A12 Traballo virtual, participación crítica na clase e colaboración activa nas discusións. 30
Presentación oral A10 B1 B3 B7 B9 Presentación crítica dun tema derivado dalgún (ou, preferiblemente, varios) dos textos propostos para cada sesión. A presentación non será puramente descriptiva, senón que aportará unha visión particular e subxectiva do alumnado que estea encargado
da presentación.
20
Traballos tutelados A13 B2 B4 B7 B10 B11 Traballo de análise e crítica sobre al menos un dos textos discutidos na clase. Existe a posibilidade de articular ese(s) texto(s) con outros non discutidos na clase, sempre
co consentemento previo do profesor.
50
 
Observacións avaliación

Dado o
carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre
respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades
participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran
expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das
consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a
determinadas sesións presenciais. 

Quen teña concedida a dispensa
académica, e como establece a Normativa de permanencia
da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo. 

Quen non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña
realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de
avaliación, acadará a cualificación de Non Presentado. 

Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da
oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira
oportunidade, máis os exercicios convidos que poidan suplir o
resto das actividades. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes