Guia docenteCurso
Facultad de Filología
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Perspectivas transculturais no ámbito anglófono
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Perspectivas transculturais no ámbito anglófono Código 613505104
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Profesorado
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Web http://www.imaes.eu
Descrición xeral Estudio das distintas perspectivas de análise cultural e literario que abordan a intersección de identidades e culturas no mundo anglófono. Analizaranse as literaturas transnacionais e diaspóricas, así como a construcción transcultural das chamadas "literaturas nacionais".
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen • Mantéñense las actividades de Moodle e máis o traballo tutelado. Metodoloxías docentes que se modifican • Nun escenario de docencia non presencial, os seminarios e a análise de fontes documentais levaranse a cabo por medio de foros interactivos de Moodle, así como por pequenas tarefas/assignments de Moodle. • As exposicións orais poderán ser substituídas por exposicións gravadas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización • Moodle (foros de dúbidas) • E-mail (consultas individuais) Semanalmente (a petición do alumnado) Semanalmente (a petición do alumnado) 4. Modificacións na avaliación O peso na cualificación de cada un dos tres apartados non sufrirá cambios, pero si se adaptarán as metodoloxías: • As actividades de avaliación continua (40%) levaranse a cabo por medio de foros interactivos de Moodle (discussion forums) e/ou pequenas tarefas/assignments de Moodle. • Mantense o ensaio final (60%), pero a exposición oral poderá ser substituída por exposicións gravadas. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: MODIFICACIÓN NA AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo. Nun escenario “non presencial” os exercicios de análise e outras actividades de clase (40%) serán substituídas por probas realizadas via Moodle na data oficial do exame (en caso de problemas constatados de conectividade, esta proba podería levarse a cabo oralmente, mediante chamada telefónica); mantearse o ensaio final (60%), pero a exposición oral poderá ser substituída por exposicións gravadas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Facilitación de recursos electrónicos. As fontes primarias obrigatorias de extensión reducida estarán dispoñibles en Moodle. En canto ás fontes secundarias, engadiranse máis recursos electrónicos (p. ex. extractos en PDF, recursos propios da docente) ou en liña (p.ex. ligazóns a recursos bibliográficos da Biblioteca da UDC).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes