Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Mapa conceptual B7 Elaboración do mapa mental da asignatura contendo conceptos, datas, movementos e nomes de autores. 20
Proba obxectiva A1 A4 B6 B7 Realización dunha proba mixta con preguntas de resposta breve e non tan breve. 50
Proba de resposta breve A1 A4 B10 Test de coñecemento na metade do curso. 15
Presentación oral B9 Presentación na aula dun determinado modelo lingüístico. 15
 
Observacións avaliación

Dado o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

Avaliación en xullo: exame escrito (100%)

Estudantes a tempo parcial con dispensa académica teñen que contactar coa profesora ao inicio do curso para facer os axustes necesarios nas actividades da materia.

E OBRIGATORIO DEMOSTRAR UN C1
DE INGLÉS (MCERL). PODERÍASE SUSPENDER A ASIGNATURA SI NON SE DEMOSTRA ESE
NIVEL DE COMPETENCIA A TRAVÉS DO TRABALLO DE CURSO. 

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contrao plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dosestudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/apropio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.

A detección do plaxio en calquera das tarefas/exames/probas a realizar suporá o suspenso inmediato da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes