Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Variación e cambio na lingua inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A6 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 Exercicios, tanto en clase como enviados a través da plataforma de teledocencia. 45
Estudo de casos A1 A2 A6 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 Estudo escrito (1,500 palabras) e a súa presentación oral. 50
Seminario A1 A6 B6 B7 B9 B11 B12 Participación activa na aula. 5
 
Observacións avaliación
O estudantado deberá completar todas as tarefas e lecturas así como asistir ás sesións preparados para os debates. Deben visitar a plataforma educativa da UDC e consultar o seu correo institucional con regularidade. Penalizaranse as malas prácticas académicas (copia, plaxio, autoplaxio, etc.) e as deficiencias lingüísticas.

  • Superar a materia
Para aprobar os estudantes teñen que obter polo menos unha nota de 50 (sobre 100) nos apartados 2 e 3.

  • Segunda oportunidade: 

O estudantado terá que repetir só aquelas partes (exercicio(s) e traballo escrito) que non aprobaron na primeira oportunidade.

  • Alumnado con dispensa académica

O alumnado que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta Universidade, terán que entregar todos os exercicios do curso (50%) así como un traballo escrito para o estudo de casos (2,000 palabras).

  • Corrección lingüística e falta de honradez académica.

Todos os exercicios e as probas faránse en inglés. A corrección global no uso da lingua e o uso de convencións formais son indispensables. Os erros gramaticais e ortográficos serán penalizados.

A falta de honradez académica (incluíndo copiar, plaxiar, poñerse de acordo ou inventar resultados) non será tolerada, e será penalizada, de acordo co establecido no Regulamento Disciplinar do Estudantado da UdC, artigos 10.3.f e 11.4.b, coa calificación de Suspenso para ambas as oportunidades do curso. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes