Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Métodos e recursos de investigación literario-cultural no ámbito anglófono
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B10 B11 B12 B13 B14 B15 -Preparación dunha presentación oral 30
Seminario B10 B11 B13 B14 B15 -Participación na clase, durante as sesións presenciais e a través doutros medios (e-mail, fórums de debate, plataforma virtual). Traballo con ferramentas dixitais de investiagación. 20
Traballos tutelados A9 A10 A11 As actividades, que normalmente se realizarán na aula, poden incluír, entre outras actividades:
-Resumos críticos e/ou recensións das lecturas obrigatorias.
-Escribir un resumo (obxectivos de investigación, enfoque, método, datos, resultados esperados) xunto coas súas palabras crave.
-Escribir un ensaio de investigación
-analizar documentos ou facer traballos de crítica literaria ou análise literario.

50
 
Observacións avaliación

-Para aprobar esta materia, hai que obter polo menos un 5 (sobre 10) EN CADA UNHA das actividades asignadas (i.e. traballos, presentación, etc.) e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

-Dado que o máster
contempla a aprendizaxe tanto presencial como a distancia, os/as estudantes
deben asistir ás sesións na aula de clases, a menos que solicitasen e obtivesen
a exención oficial da devandita asistencia. Neste caso, a avaliación realizarase
da seguinte maneira: participación a través de canles como correo electrónico, foros
de discusión, plataforma virtual, etc. (10%); exame oral ou escrito (20%);
outras formas de traballo escrito (50%); e presentación oral, xa sexa en vivo ou
gravada (20%). Estas normas son extensibles ao alumnado que, por causas debidamente xustificadas, non puidese acceder ao método de avaliación continua especificado arriba.

-Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado. Quen non faga as probas principais, en calquera convocatoria, levará a nota de NON PRESENTADO. 

-Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.

-Como di a guía común, as competencias totais a adquirir nesta materia son: CB6, CB7, CB9, 
G01, G02, G04, G05, G06, G08, G09, G10, E09, E10, E11. 

-Todos os traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha posible penalización.

-O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" na mesma.

-Se o coordinador o considera conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC": "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Diversidade:

A materia poderá ser adaptada  ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneir previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes