Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Literatura e diversidade cultural no ámbito anglófono
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A7 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 Individual presentation of one of the set theoretical texts encouraging participation by other students 20
Estudo de casos A7 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 Close reading presented in seminar session of a key aspect of one of the set literary readings 20
Traballos tutelados A7 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 Personal research in the shape of a written essay on a topic related to the seminar's subject matter chosen in consultation with the teacher 60
 
Observacións avaliación

RESUMO DA AVALIACIÓN 

  • 40% avaliación continua 
  • 60% ensaio final  

Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios que poidan suplir o resto das actividades.

Dado o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

Quen non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación de Non Presentado.

PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN.

Consecuencias da falta (normativa UDC): cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia incorporaremos a perspectiva de xénero (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. De detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, se proporán accións e medidas para corrixilas.

DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención áDiversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa TitoraADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes