Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A12 A13 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 -Ensaio (40%): Escribiredes un traballo de investigación que compare un dos produtos culturais estudados neste curso cunha obra da vosa elección. O ensaio debe seguir as pautas de estilo de MLA, entre outros requisitos (a determinar na aula).

-Presentación en clase (20%): O estudantado expoñerá sobre algún aspecto relacionado cos contidos da materia. Requírese o uso de PowerPoint; proporcionaranse máis indicacións ao seu debido tempo.
60
Seminario A12 A13 B4 B6 B9 B11 B12 O alumnado dispoñerá de textos e documentos audiovisuais que serán analizados na aula en profundidade. Espérase veñades a clase realizando as lecturas e os visionados con antelación; ademais, debedes participar con preguntas e comentarios. 30
Prácticas a través de TIC B3 B5 B6 B8 B10 B12 B13 Haberá un foro en Moodle onde teredes que subir dúas tarefas: copiar e pegar a lista bibliográfica utilizada nos vosos traballos, que pode ser útil para os vosos/as compañeiros/as; enumerar e explicar os 5 puntos máis importantes que aprendestes neste curso. 10
 
Observacións avaliación
-Todas las actividades, incluidos los exámenes, tienen que estar escritas con letra clara; los errores de gramática, vocabulario, deletreo, puntuación y estilo en general repercutirán negativamente en las notas.

-Os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O fraude en calquera actividade significará a cualificación de "cero". O profesorado poderá usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado.

-Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o
traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do
resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP ("Non Presentado").

-A avaliación de xullo contará cos mesmos apartados que en xuño, excepto polo seminario que se substituirá por un control de lecturas e visionados.

-Dado
o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
Universitaria do título. Quen teña concedida dita dispensa, como establece a Normativa
de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á
convocatoria de xullo.  

-O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

-A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade 
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

-De acordo con as distintas normativas que rexen a docencia universitaria, é necesario incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e fomentar a participación de todo o alumnado en clase, independentemente do seu xénero.

-Prestaremos especial atención a identificar e abordar os prexuízos e actitudes sexistas. Traballaremos activamente na modificación desta contorna e na promoción de valores de respecto e igualdade.

-Os nosos esforzos centraranse en detectar casos de discriminación de xénero e implementar as accións apropiadas para corrixir os devanditos casos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes