Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Teoría e Crítica nos Estudos Literarios
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría e Crítica nos Estudos Literarios Código 613584101
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Aproximación a enfoques teóricos e críticos nos estudos literarios.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non será necesaria modificación algunha. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesións maxistrais, Actividades iniciais, Discusión dirixida, Eventos científicos/ divulgativos (celebrados telematicamente), Traballo tutelado, Lecturas, Proba de ensaio (en forma de tarefa entregada a través de Moodle: valorarase nela o aproveitamento das lecturas realizadas durante o curso e a contextualización e comprensión das principais correntes de teoría literaria). *Metodoloxías docentes que se modifican: Presentación oral do traballo tutelado (avaliable, de maneira que o 20% que representa o valor da súa nota, transfírese ao traballo tutelado escrito). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente para realizar consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente, de acordo coa necesidade do alumnado. Disponse de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as actividades de lecturas ou traballos tutelados. Teams: Todas as sesións previstas, para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación O traballo tutelado representará o 60% da nota do curso. En relación cos traballos tutelados valorarase: 1. O tratamento axeitado dos contidos do curso aplicados ao traballo. 2. A habilidade para a elaboración dunha crítica literaria publicable nun medio de comunicación. 3. A utilización de fontes documentais da bibliografía e webgrafía da materia, así como doutros recursos, aos que en todo momento o estudante fará referencia. 4. A competencia lingüística suficiente para unha redacción apropiada *Observacións de avaliación: Seguirán sendo válidas as indicadas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se requiren modificacións neste punto.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes