Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Subjects
  Theory and Criticism in Literary Studies
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados ao ámbito dos estudos literarios e culturais. AR3
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras, sempre baixo os principios democráticos da distribución xusta da riqueza, a igualdade social e o equilibrio do ecosistema. BJ2
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. BJ4
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance cultural e socioeconómico da sociedade. BJ5
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AC8
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura. E distinguir a crítica da teoría como dominios da ciencia da literatura. AC7
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. AC1
Considerar a convencionalidade do concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, as ciencias e as artes, no marco da diversidade cultural. AC2
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. CR1
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. CR2
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. CC1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. BJ1
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. BJ3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. BJ2
Aplicar as técnicas de análise cultural aclarando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AC4
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. CR3
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e críticos. AJ1
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. CC5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. BJ7
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes