Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Teoría e Crítica nos Estudos Literarios
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Despois da consulta de fontes bibliográficas, discutirase na aula sobre algún tema que suscite debate.
Traballos tutelados Traballo de crítica literaria sobre unha obra literaria, á elección do alumno, e a partir das ferramentas metodolóxicas que se darán a coñecer na aula.
Presentación oral Serán expostos na aula os traballos de crítica literaria, indicando a lectura de fontes e explicando o proceso de elaboración.
Lecturas A partir da bibliografía indicada, acordarase na aula a lectura de capítulos, artículos ou información na rede, para debater na aula.
Eventos científicos e/ou divulgativos Os estudantes estarán pendentes de acudir a conferencias, xornadas e actividades literarias que se desenvolvan na contorna, para relacionar os contidos do curso coa realidade literaria e cultural que nos arrodea.
Actividades iniciais Destinarase un tempo ao inicio do curso para que os alumnos informen á docente das motivacións, preparacións e proxectos en relación coa súa presenza no Posgrao
Sesión maxistral O docente exporá os contidos, explicará e aclarará as dúbidas que poidan presentar os alumnos.
Proba de ensaio Os estudantes realizarán nas datas oficiais da primeira e, no caso de ser necesario, na segunda oportunidade, unha proba ensaio sobre cuestións teóricas vistas na aula. A profesora indicará que textos serán utilizados para tal fin.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes