Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Teoría e Crítica nos Estudos Literarios
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 A4 A7 A10 A8 B6 B10 C1 C7 C5 C9 Proba de ensaio sobre cuestións teóricas e/ou de análise práctica que se realizará nas datas oficiais indicadas nas diferentes oportunidades. 40
Presentación oral A4 A14 B4 B7 B8 C5 Na aula farase unha exposición pública do proceso de elaboración da crítica literaria levada a cabo, aclarando metodoloxía 20
Traballos tutelados A1 A2 A4 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C7 C5 C8 C9 O traballo consistirá en elaborar a crítica dunha obra literaria
40
 
Observacións avaliación

Os estudantes que se matriculen con dispensa académica, total ou parcial, deberán porse en contacto coa profesora, ao inicio da impartición da materia, para informarse do seu proceso de avaliación especial. Tamén se terán en conta os casos sobrevidos de cambio de situación do alumnado ao longo do curso.

Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica. O alumnado deberá contactar coa profesora antes do mes de novembro.

Os estudantes que non superen a materia na primeira convocatoria, deberán entregar nas diferentes oportunidades, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (artículo 14).

O alumnado con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. creto. Programaranse titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes