Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura, Cultura e Sociedade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario.
Discusión dirixida Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais.
Traballos tutelados Realización de abordaxens concretas relacionadas cos asuntos abordados na materia. Estes traballos poderán ser realizados de maneira individual ou colectiva (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio das sesións).
Lecturas Realización dunha seria de lecturas breves (artigos ou capítulos de libro) previamente seleccionadas polo docente e relacionadas directamente cos contidos abordados na materia.
Prácticas a través de TIC Aplicación e teste das TIC aos estudos na cultura.
Glosario Apresentación e discusión colaborativa de conceitos fundamentais para o entendimento das varias ferramentas teórico-metodolóxicas focadas na materia.
Seminario Traballo en grupo a partir da exposición oral ao conxunto da turma das lecturas atribuídas polo profesor no inicio das sesións ou, eventualmente, dos resultados dalgún dos traballos tutorizados. Durante os seminarios, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos e metodolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contelúdos, destrezas e competencias abordados na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes