Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura, Cultura e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A4 A6 A7 B6 B11 C4 C5 Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” 10
Discusión dirixida A5 A2 B5 C6 Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 20
Traballos tutelados A14 A9 B4 B7 B8 C1 C2 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade. 30
Lecturas A10 C7 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións orais e nas discusións dirixidas. 20
Presentación oral B10 C9 Correspóndese cos resultados e procedementos do traballo tutelado e, eventualmente, coa estrutura e os contidos principais dos textos breves atribuídos polo profesor no inicio das sesións para a leitura analítica por parte do alumno/a.
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación do seminario será feita de forma continua. Nela serán levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Non será posíbel superar o seminario sen a realización satisfactoria do traballo tutelado.

O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades indicadas nunha data concertada previamente co docente. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas actividades que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel polo seminarioe, para o superar, realizar aqueles traballos tutelados (5 valores) e aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán realizar satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non apresente ningunha das actividades previstas neste guía.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes