Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Estudos do Libro e Edición
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Proba inicial sobre os coñecementos previos relacionados coa materia, así como intereses, morivación... Preténdese obter información para artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante coa crítica textual abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...).
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, solución de problemas, estudo de casos, debates, discusións dirixidas, probas de completar, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser collidas pola profesora para a avaliación.
Eventos científicos e/ou divulgativos Aproveitaranse os recursos e medios dispoñibles. Así, os alumnos visitarán o Arquivo do Reino de Galicia co obxecto de achegalos de modo directo e práctico á materialidade do libro e ao sistema de catalogación e arquivo. Alén diso, aproveitarase tamén algunha das conferencias sobre edición de textos e crítica textual das que se planifiquen para o curso 2017-2018 no Grupo de Investigación Hispania.
Lecturas Ademais das lecturas que a profesora indique para asimilar ou completar información das sesións maxistrais, poderá marcarse algunha lectura máis, que o estudante levará a cabo fóra da aula, para participar nas actividades do obradoiro (resumo, esquema, debate...).
Proba mixta Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo. Se requerirá, ademáis, que alcance un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes