Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Estudos do Libro e Edición
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Sesión maxistral Nestas sesións daránse as claves teóricas e describiránse conceptos básicos para fixar as nocións fundamentais que se precisan para o desenvolvimento do resto das metodoloxías de aprendizaxe.
Lecturas A través das lecturas os alumnos descubrirán perspectivas diferentes do obxeto de estudo, e ampliarán os coñecementos obtidos na aula.
Proba mixta
Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo (proba teórico-práctica). Requerirase, ademáis, que alcance un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario.
Eventos científicos e/ou divulgativos Aproveitaranse os recursos e actividades dispoñibles. Así, os alumnos visitarán o Arquivo do Reino de Galicia co obxectivo de achegalos de modo directo e práctico á materialidade do libro e ao sistema de catalogación e arquivo.
Obradoiro O obradoiro consta dunha serie de exercicios prácticos diversos nos que se persigue o dominio da disciplina mediante a práctica e a metodoloxía. Os alumnos farán comentarios, manipularán textos, farán exposicións e articulacións de ideas conrecreación intelectual dos contextos históricos e situacións comunicativas,agás da reflexión estética e a contextualización socio-histórica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes