Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Estudos do Libro e Edición
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A5 A14 A7 A9 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C5 C8 C9
Realizaranse diversos obradoiros na aula e valorarase o traballo e a participación dos estudantes; a tal fin, os materiais elaborados nalgúns deles poderán ser obxecto de avaliación. Nalgún caso, o estudiante terá que ler previamente na casa algún texto ou elaborar algún traballo ou exercicio despois do obradoiro (tempo contemplado nas horas non presenciais).
25
Eventos científicos e/ou divulgativos A8 A5 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C3 C7 C5 C6 C9 Está previsto que os estudantes asistan a un evento divulgativo e a outro científico. Programarase unha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, onde deberán seguir as explicacións que se lles faciliten co obxectivo de presentar por escrito un texto no que dean conta dos aspectos principais sobre os que se lle ten informado e, especialmente, daqueles que garden relación co tratado nas sesiós maxistrais e nos obradoiros. Como evento científico, en principio, asistirán a unha conferencia ou seminario a cargo dalgún experto que trate sobre algún tema ou asunto relacionado coa materia (será algunha das actividades planificadaas para o curso 2017-2018); igualmente deberán presentar un resumo da expoción no que demostren non só que asistiron ao seminario senon que foron quen de seguilo de maneira comprensiva.


50
Proba mixta A7 A8 A9 B10 B5 C1 C3 C7 C5 C6 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión correcta.
25
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán actividades e exercicios realizados e
entregados na data que se estableza, en soporte de papel e
seguindo as
normas que se precisen en cada caso. Non se poderá
aprobar a materia sen acadar unha calificación mínima en
cada un dos ámbitos contemplados na avaliación; se o estudiante prescinde dalgún dos
instrumentos da avaliación contará cun "Non Presentado". Na segunda oportunidade (xullo),
aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na
data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o
alumno dará conta, nese mesmo momento, das demáis actividades e
exercicios que tiver pendentes.

Dase por suposta a
asistencia ás aulas; aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida debe
poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o
mecanismo de seguimiento da súa aprendizaxe. Alén diso, se algún
alumno xustifica debidamente a imposibilidade de acudir ao evento
divulgativo ou
científico previstos, a profesora deseñará algunha outra proba ou
traballo coa que se poda subsanar esa parte da evaluación.

A
expresión do
estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a
cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se
tomará en conta, xa que logo, a correción
ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa
das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o
control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como
referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes