Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Estudos do Libro e Edición
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A6 A14 A7 B4 B5 B6 B1 C1 C2 C3 C5 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofrezca unha expresión correcta.
50
Sesión maxistral A5 A6 A14 A7 B4 B5 B6 B1 B10 C1 C2 C3 Valorarase a participación activa nas sesións. 10
Obradoiro A1 A5 A14 A9 B4 B5 B6 B7 B1 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C8 Se valorará la participación y el desarrollo satisfactorio de las actividades propuestas en el aula y las asignadas para realizar fuera del aula. 25
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A5 A6 A14 A7 B4 B5 B6 B1 C1 C2 C3 C5 C8 Está previsto que os estudantes asistan a un evento divulgativo ou científico. Programarase unha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, onde deberán seguir as explicacións que se lles faciliten co obxectivo de presentar por escrito un texto no que dean conta dos aspectos principais sobre os que se lle ten informado e, especialmente, daqueles que garden relación co tratado nas sesiós maxistrais e nos obradoiros. Deberán presentar un resumo completo e cabal da exposición no que demostren non só que asistiron ao seminario senon que foron quen de seguilo de maneira comprensiva. 15
 
Observacións avaliación

Na sesión maxistral esíxese unha resposta activa, participando nos coloquios e debates que se propoñan  nas mesmas.

Considerarase como “non presentado” o alumno que non entregue as probas de ensaio ou non realice a proba mixta.

Terase en conta a situación particular dos alumnos con dispensa académica nas dúas convocatorias, dando un tratamento particularizado a cada caso.

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta polo 60% da "Proba mixta" e 40 % de outras actividades que reemplazarán o resto de instrumentos de avaliación presencias.

O alumnado que teña dificultades para asistir ás sesións presenciais (incompatibilidade horaria ou outras causas xustificadas) deberá comunicalo ás profesoras antes de que comecen as aulas ou durante a primeira sesión. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de evaluación que o alumnado con dispensa académica.
Convocatoria
adelantada de decembro
: O sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto coa profesora no mes de outubro.

A orixinalidade da investigación considérase sustancial e poderá ser contrastada mediante o programa de detección de plaxios que suscribiu a UDC. Calquera indicio de plaxio suporá a cualificación de 0.

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo ha ser a que corresponde a unha titulación de posgrao (non só se tomará en conta, xa que logo, a correción ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garden relación coa das probas e exercicios que o estudiante realiza na aula baixo o control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel ten elaborado sen axuda externa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes