Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Subjects
  Literature and Show
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, ora de adaptación dramatúrxica, ora de análise da adaptación ao audiovisual dun texto literario. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -nun espazo de traballo colaborativo en liña-, como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva.
Workbook Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Events academic / information Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Oral presentation Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación do mesmo por parte dos compañeiros.
Guest lecture / keynote speech Destinarase media hora das catro primeiras sesións á exposición e desambiguación dos conceptos teóricos por parte do docente.
Mixed objective/subjective test O alumnado participará –presencialmente e através do espazo de traballo colaborativo en liña– en discusións dirixidas polo profesor sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes