Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e Medios de Comunicación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Discusión dirixida As sesións consistirán principalmente na realización de discusións dirixidas polo profesor en que o alumnado deberá participar activamente. Previamente, as/os estudantes deberán preparar as discusións coa lectura dos artigos especializados indicados.
Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña.
Seminario O alumnado deberá preparar e presentar, en grupo, un punto dos contidos acordado coa orientación do docente. Procúrase o traballo en grupo, a xestión de información especializada e o traballo práctico sobre exemplos concretos.
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos e principais fontes de información por parte do docente.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas previas ás sesións, así como as necesarias para a elaboración dos traballos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes