Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e Medios de Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B7 B8 C5 A asistencia aos eventos programados será avaliada até ao 10% da cualificación final. 10
Discusión dirixida A4 A9 B4 B5 B6 C7 A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 40% da cualificación final. 40
Seminario A3 A14 A12 B10 C1 C6 C9 Avaliarase a capacidade de traballo en grupo, a competencia na procura e xestión de información actualizada, a organización das ideas e a exposición e discusión dos resultados. 50
 
Observacións avaliación

Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa nas discusións dirixidas e no seminario. O alumnado que non realizar ambas as actividades recibirán a cualificación de NON PRESENTADA/O.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto e que o profesor comunicará ao alumnado afectado no inicio do curso.
Na segunda oportunidade (xullo) o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. No caso de non ter realizado durante o cuadrimestre alguna das actividades avaliábes, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes