Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Tradicións Literarias e Culturais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Reservarase unha parte das sesións presenciais para o debate de cuestións concretas relativas aos contidos previamente expostos. Asimesmo, proparase aos estudantes a preparación previa de certos aspectos que serán tratados en sesións posteriores, efectuando, por exemplo, exercicios de reflexión ou de procura de información sobre un tema dado. Estas actividades terán unha dinámica de traballo en equipo.
Traballos tutelados Os/as estudantes elaborarán e expoñerán publicamente un traballo individual coa asistencia do profesor. O tema deste traballo versará sobre algún aspecto concreto da recepción e reelaboración da tradición artúrica na literatura e/ou noutras manifestacións culturais de ámbito español.
Lecturas Os/as estudantes realizarán por conta propia unha serie de lecturas obrigatorias, que se referirán a aspectos xerais da materia. Unha parte destas lecturas constituirán a base para levar a cabo sesións de debate en aulas presenciais. Outra parte terá carácter complementario e poderá ser realizada durante o período que media entre o fin das aulas presenciais e o prazo establecido para a avaliación.
Sesión maxistral O profesor destinará as sesións maxistrais a expor oralmente os contidos dos temas e subtemas. Empregará ordinariamente instrumentos auxiliares como documentos gráficos ou sonoros, remisión a páxinas web ou guions en formato power-point. A exposición razoada estará aberta ao debate e á solución de dúbidas levantadas polos estudantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes