Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  A Recepción da Literatura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A14 A7 A10 A9 A12 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C7 C6 Se valorará a capacidade de investigación literaria do alumno en función do anáilis crítico do tema obxecto de estudo, o razoamento ordenado da exposición, as referencias pertinentes á bibliografía e o uso correcto do idioma castelá. Data de entrega: último día de clase. 60
Obradoiro A1 A2 A7 A10 A9 B4 B5 B6 B7 B8 B3 C2 C4 C5 Se valorará a comprensión e capacidade crítica do alumno mediante Presentacións breves individuais, consensuadas có profesor, sobor temas pertinentes ás lecturas de: a) as obras literarias obligatorias; e b) as lecturas bibliográficas indicadas polo profesor. 20
Estudo de casos A1 A14 A7 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 Se valorará a orixinalidade na correlación textual (consideración hermenéutica do texto) e contextual (histórico-social:recepción crítica, bibliografía específica, canon, etc.). 20
 
Observacións avaliación

1. Observacións xerais

1.1. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística —ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…—; no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán serán ser penalizadas. (V. Criterios de corrección de traballos).

1.2. As presentacións orais realizaranse ao longo do curso. A partir da terceira/cuarta sesión.

1.3. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de actividades se estas foren realizadas fóra de prazo sen causa xustificada. Alén diso, se se detectar plaxio, este levará consigo un 0,0 inapelable.

1.4. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade poderá recuperala total ou parcialmente na segunda oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe seguinte.

1.5. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña” (artigo 14.4).

2. Cualificación final na segunda oportunidade (xullo)

2.1. Os estudantes que suspenderen a presentación oral deberán facer outra proba do mesmo tipo na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da facultade para a segunda oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 20% da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar.

2.2. Os estudantes que suspenderen as actividades programadas (que se corresponden co apartado "Obradoiro") deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles encomendaren e que constituirán o 20% da cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará públicas, xunto coas cualificacións da primeira oportunidade, as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega etc.).

3. Cualificación de non presentado/a

3.1. Se o alumno non presentase o seu ensaio final, nin fixese a súa presentación, recibirá unha cualificación.

4. Alumnado a tempo parcial con dispensa académica

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes).

4.2. No caso de que algún estudante teña calquera dificultade para cumprir no calendario previsto coas actividades avaliábeis exixidas (e non se lle teña concedido a dispensa académica), deberá dirixirse á docente, coa maior antecedencia posíbel, para fixar en conxunto datas alternativas.

* Nota Bene: Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica. O alumnado deberá contactar co profesor antes do mes de novembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes