Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e outras Linguaxes Artísticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A7 A12 B10 Valoraranse os traballos individuais como resultado do aproveitamento e da metodoloxía aplicada a un tema previamente acordado coa profesora e realizado baixo a súa supervisión. 75
Seminario A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A8 A9 A12 B4 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Actividade participativa, de intercambio e debate permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula. 15
Análise de fontes documentais A1 A3 A4 A7 A8 A9 A12 Actividade na que o/a alumno/a dará conta da súa capacidade de análise e contexualización dos contidos impartidos na aula, dun xeito práctico. 10
 
Observacións avaliación

Recibirán a cualificación de "Non Presentado" aqueles alumnos que non entreguen o traballo tutelado.



Na SEGUNDA OPORTUNIDADE, gardaranse as notas de todas as actividades
superadas. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou de
modalidades específicas de aprendizaxe e apoio a diversidade, o
profesorado responsable poderá adoptar as medidas que considere
oportunas para non perxudicar ao alumno. Non obstante o anterior, o alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as actividades alternativas que se determinen.

ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS OU DOUTRO TIPO: O
alumnado con dificultades para asistir ás sesións presenciais deberá comunicalo
á profesora na primeira semana do mes de febreiro. Unha vez comprobada a súa
situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con
dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes