Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e outras Linguaxes Artísticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Asistencia a actividades locais de carácter artístico e cultural. Dará lugar a un informe oral por parte do estudante que será debatido na aula, sempre en relación cos contidos da asignatura. 35
Seminario A1 A2 A3 A4 A5 A14 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 Traballo participativo, de intercambio e debate, que xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo. 15
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que, como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das actividades realizadas no curso.

2. O 35% obterase pola elaboración dunha recensión de:

a) A asistencia a actividades culturais de ámbito local, como a visita activa a exposicións.

b) No seu caso, a visita a exposicións virtuais na Rede.

c) A recensión dunha obra incluída na bibliografía final.

En calquera caso, o anterior debe estar relacionado coas materias do curso e serán sempre sobre actividades acordadas previamente co profesor.

3. O 15% restante corresponde á asistencia activa e á realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha avaliación semellante. Enténdese que calquera actividade que acade unha cualificación de 4 na primeira convocatoria fica exenta de recuperación para a segunda.

5. O alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas a esta proba.

6. Non obstante o anterior, o alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. O 15% da asistencia será substituído por un traballo orixinal, previa suxestión do profesor, de non máis de cinco páxinas.

7. O alumnado con dificultades para asistir de modo presencial, sexa por incompatibilidade horaria, por razóns laborais ou por calquera outra causa, deberá comunicalo ao profesor nas dúas primeiras sesións da materia. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica. 

8. O sistema de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto co profesor no mes de outubro.

9. Calquera traballo, oral ou escrito, debe ser orixinal ou citar debidamente as fontes utilizadas. O plaxio demostrado, ou o uso de citas sen marcar e sen a correspondente referencia, determinará o suspenso inmediato para o alumno ou alumna. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

10. O prazo límite para a entrega de traballos escritos será, agás outra indicación do profesor, o da data de exame oficial.

11. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán dirixirse aos servizos disponíbeis na UDC, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico: Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) ou coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes