Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Tendencias da Literatura Actual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Sesión maxistral Nestas sesións daránse as claves teóricas e describiránse conceptos básicos para fixar as nocións fundamentais que se precisan para o desenvolvimento do resto das metodoloxías de aprendizaxe.
Investigación (Proxecto de investigación) Orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
No proxecto de investigación amósanse as habilidades logradas no obradoiro e as outras metodoloxías utilizadas e ponse de manifesto a autonomía fronte a aprendizaxe.
Obradoiro O obradoiro consta dunha serie de exercicios prácticos diversos nos que se persigue o dominio da disciplina mediante a práctica e a metodoloxía. Os alumnos farán comentarios, manipularán textos, farán exposicións e articulacións de ideas conrecreación intelectual dos contextos históricos e situacións comunicativas,agás da reflexión estética e a contextualización socio-histórica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes