Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Actualizacións das Tradicións Literarias e Culturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A3 A6 A9 B4 C2 C6 Será valorado o proceso de realización do traballo titorizado e o seu resultado final, que será presentado oralmente ou por escrito, segundo se indicará no inicio das aulas.
60
Seminario A1 A4 A6 A8 A9 B6 B8 B10 C7 C5 Será valorado o acompañamento da materia a través da entrega por escrito das conclusións do seminario. 15
Lecturas A5 A6 A7 B5 C4 C9 Será valorada a súa realización a través da participación e das intervencións nas sesións presenciais. 25
 
Observacións avaliación


1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberán ser presentadas/realizadas as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente de acordo coas indicacións específicas que a profesora dará logo de concluído o período de avaliación da primeira oportunidade.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno que non presente o traballo titorizado.

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Traballo titorizado (75%).
2. Seminario (25%). 

4. INDICACIÓNS XERAIS

As datas e condicións específicas de cada elemento da avaliación serán establecidas no inicio do período de aulas. 

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora en horario de titorías ou a través dunha mensaxe remitida a t.lopez@udc.gal. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes