Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Actualizacións das Tradicións Literarias e Culturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A3 A6 A9 B4 C2 C6 Será valorado o proceso de realización e o resultado final, que será presentado por escrito ou/e oralmente segundo as indicacións que serán proporcionadas no inicio do período de aulas.
60
Seminario A1 A4 A6 A8 A9 B6 B8 B10 C7 C5 Será valorado o acompañamento da materia a través da entrega por escrito das conclusións das sesións, desenvolvidas en forma de seminario.
15
Lecturas A5 A6 A7 B5 C4 C9 Será valorada a súa realización a través da participación e das intervencións nas sesións presenciais. A profesora poderá asignar lecturas específicas a cada estudante para a súa presentación nas aulas. 25
 
Observacións avaliación


1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberán ser presentadas/realizadas as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente de acordo coas indicacións específicas que a profesora dará logo de concluído o período de avaliación da primeira oportunidade.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno que non presente o traballo titorizado.

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Traballo titorizado (60%).
2. Lecturas (40%). 

4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS OU DOUTRO TIPO

O alumnado con dificultades para asistir ás sesións presenciais deberá comunicalo á profesora na primeira semana do mes de febreiro. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica. 

5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

O sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto coa profesora no mes de outubro.

6. INDICACIÓNS XERAIS

As datas e condicións específicas de cada elemento da avaliación serán estabelecidas no inicio do período de aulas. 

Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora en horario de titorías ou a través dunha mensaxe remitida a t.lopez@udc.gal. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes