Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura, Memoria e Historia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A4 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B8 B2 B10 C1 C4 C7 C5 C6 O traballo tutelado, así como os comentarios que se vaian facendo na aula ou en casa, serán entregados nun único documento ao finalizar o curso. A extensión e as restantes características deste cartafol serán acordados na aula.
60
Análise de fontes documentais A1 A4 A10 B4 B7 A participación activa nesta actividade será avaliada e sumada á nota final 20
Lecturas A1 A3 A4 A5 A6 A10 A12 B5 B7 B8 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado con dispensa académica, matrícula semipresencial ou calquera outra circunstancia excepcional deberá porse en contacto coa profesora a través do correo electrónico (laura.tato@udc.gal) ou durante o horario oficial de titoría para fixarmos as condicións da súa avaliación.

Na segunda oportunidade o alumnado terá que entregar os mesmos traballos que na primeira.

Sera considerado NON PRESENTA/O quen non realice o 50% dos traballos.

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle)

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes