Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Relacións Literarias e Culturais no Espazo Lingüístico Galego-Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A14 A12 C1 C7 O/A estudante terá que desenvolver por escrito un dos temas propostos polo/a docente desde unha óptica crítica, mais achegando a súa visión particular, para mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas na materia. 40
Presentación oral A13 A3 A12 C7 C5 C6 C8 O/A estudante presentará na última sesión o traballo tutelado realizado para a materia. 20
Seminario A1 A3 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C2 C4 O alumnado deberá colaborar activamente no desenvolvemento das aulas participando nas discusións xeradas e realizando, ben individualmente ben en grupo, unha serie de pequenas tarefas programadas para cada sesión. 40
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de
corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o
6/7/2018 e pendurado en Moodle).

1.2. As presentacións orais realizaranse na última sesión do curso.

1.3. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de actividades se estas foren realizadas fóra de prazo sen causa
xustificada. Alén diso, se se detectar plaxio, este levará consigo o suspenso da
actividade.

1.4. Os / As alumnos/as
que non superaren a materia na 1.ª oportunidade poderán recuperala total ou parcialmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas
detalladas na epígrafe seguinte.

1.5. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán
ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña” (artigo 14.4).


2. CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os / As estudantes que suspenderen
a presentación oral deberán facer outra
proba do mesmo tipo na data, hora e lugar
estabelecidos no calendario oficial de exames da facultade para a 2.ª
oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 20 % da cualificación final.

2.2. Os / As estudantes que suspenderen
as actividades programadas (que
se corresponden co apartado "Seminario") deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles
encomendaren e que constituirán o 50%
da cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará
públicas, xunto coas cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións
correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega
etc.).


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

3.1. En cada oportunidade de
avaliación o / a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO/A (NP) se non acudir á presentación oral.


4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL CON DISPENSA
ACADÉMICA

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica
recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no
inicio do curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes
necesarios na
avaliación no tocante ás
actividades presenciais (que serán substituídas por outras non
presenciais
equivalentes).

4.2. No caso de que algún ou algunha estudante teña calquera dificultade para cumprir no calendario previsto coas actividades avaliábeis exixidas (e non se lle teña concedido a dispensa académica), deberá dirixirse á docente, coa maior antecedencia posíbel, para fixar en conxunto datas alternativas.

5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

Na
convocatoria adiantada de decembro aplicarase o mesmo sistema de
avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial con dispensa
académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes