Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Relacións Literarias e Culturais no Espazo Lingüístico Galego-Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A14 A12 B4 B3 C1 C7 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. 60
Seminario A1 A3 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C2 C4 Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 15
Lecturas A1 A4 A8 C1 C4 C7 C5 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. 25
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será feita de forma continua. Nela serán
levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar correspondente
deste guía mais tamén, de xeito transversal, as competencias lingüísticas,
argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do
proceso de ensino-aprendizaxe.

Neste sentido, todas as actividades deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…). No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación segundo os criterios que constan no documento "Exixencias
mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de
Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado no Campus Virtual).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados
ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso
polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No
xeral, a realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación de cara á
convocatoria extraordinaria.

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no documento coa
planificación da mateira que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio das
sesións e pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra
do prazo marcado non serán obxecto de avaliación
.

O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica
realizará e entregará nunha data concertada previamente co docente aquelas
leituras e traballos tutorizados indicados polo profesor. O estudantado
nestas circunstancias deberá pórse en contacto co profesor a través do correo
electrónico no inicio do curso. Para aquel alumnado que certifique
imposibilidade de asistir ás aulas será de aplicación o dito neste ponto,
debendo tamén contactar co profesor da materia o antes posíbel.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de
decembro
terá de contactar previamente co docente responsábel pola
materia e, para a superar, terá de realizar aqueles traballos tutelados (5
valores) e aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das
tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel a través do Campus Virtual e/ou expostos na sala de aulas. O docente
fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto
desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo . Para superaren
a materia nesta segunda oportunidade, @s estudantes deberán realizar
satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade
anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna
que non apresente ningunha das actividades previstas neste guía.

A
materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción de
medidas voltadas ao apoio à diversidade
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
prazos oficiais fixados con antecedencia para cada trimestre
académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de
Filoloxía(no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes