Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura, Cultura e Identidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado no foro virtual e na aula.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa permitiralle ao estudantado achegarse aos textos antes das leccións maxistrais para que poda participar con maior implicación nas actividades de diverso tipo que se levarán a cabo: discusións dirixidas, comentario de textos.
Foro virtual En relación coa aprendizaxe colaborativa, o foro virtual será unha ferramenta esencial e obrigada de intercambio entre o estudantado e a profesora para analizar e comentar os textos e as lecturas propostas antes das leccións maxistrais: o obxectivo é que o estudantado poda participar con maior implicación nas actividades de diverso tipo que se levarán a cabo durante as sesións maxistrais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes