Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura, Cultura e Identidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual A2 A3 A6 A9 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 O foro virtual servirá para organizar o traballo colaborativo que se valorará nas intervencións e participación do alumnado. 10
Traballos tutelados A13 A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva. 60
Lecturas A1 A4 A6 A8 B5 B7 C5 C4 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións no foro virtual e na aula. 20
Obradoiro A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan no foro virtual e na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 10
 
Observacións avaliación
Observacións xerais de avaliación
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.
1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística. As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
2. Avaliación da segunda oportunidade (xullo)
Na segunda oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial. Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (50%) e presentar o "Traballo tutelado" (50%).
3. Avaliación da oportunidade adiantada de decembro
Nesta oportunidade adiantada cada alumn@ será avaliad@ mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50% da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 50% que deberá ser presentado no mesmo día do exame na data ofical marcada pola Facultade de Filoloxía.
4. Cualificación de non presentad@
Considerarase como NON PRESENTAD@ @ alumn@ que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.
5. O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica
O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avalicación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar á profesora responsábel.
6. Outras precisións
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística.
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesm@ alumn@. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (Artigo 14.4).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes